“O Partido Popular, co seu comportamento, xoga a desacreditar aínda máis do que xa está o rol do Parlamento”, denunciou esta mañá, tras a Xunta de Portavoces dos grupos con representación no Hórreo, Xosé Manuel Beiras, “xoga a convertelo nun recinto amurallado sen ningunha relación co que acontece na realidade”. Para o portavoz de Alternativa [...]
A policía ameaza con expulsalos do lugar onde están concentrados diante dos edificios da Xunta en Lugo ante o que o grupo parlamentar lembra ás autoridades que deben respectar o dereito dos traballadores a realizar as súas xustas reivindicacións
O grupo parlamentar votou en contra do informe da Ponencia sobre o Proxecto da lei de galeguidade xa que non corrixe ningunha das deficiencias da actual lei e defende a mercantilización do concepto de galeguidade
En decembro do pasado ano, ante a situación dramática do sector lácteo, Alberto Nuñez Feijoo comprometeuse coas organizacións agrarias a adoptar medidas para mellorar a desastrosa situación económica das explotacións leiteiras en Galiza. Entre eses compromisos figuraba a defensa, ante o Goberno central e o seu ministro Arias Cañete, de mecanismos que impidan a venta [...]
Representantes do colectivo acompañados polos grupos parlamentarios da oposición, sindicatos, a Mesa pola Normalización e a Coordinadora de Traballadores da Normalización da Lingua, denunciaron a organización “contranormalizadora” que está a levar a cabo a Secretaría Xeral de Política Lingüística
A vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, asegura que a negativa a entregar a documentación oficial dos contratos, as mentiras e as amizades indesexables resultan incompatibles coa dignidade que se presume dun presidente da Xunta de Galicia.